lunes, 13 de abril de 2009

CAMPIONATO DE FUTBOLÍN




Non sabemos o que pensarán os veciños de As Casiñas pero dende logo, baixo o noso punto de vista, o campionato estivo moi ben, agás por un pequeno detalle... os premios fóronse todos para fora de Sobrado, incluso a flamante cámara de fotos que sorteabamos, pero polo demáis, creo que non estuvo mal, polo menos a xulgar pola hora de retirada ... os últimos retirámonos case ás oito da mañán, ainda que algúns pensasen que se foron ás cinco!!!!!

Dende as dez da noite e entre movidas partidas de futbolín, o fume e a música do noso pincha oficial, Antón, houbo un pouco de todo... ata algunha que outra "caída de silla" (unhas pola inestabilidade da silla e outras polo peso do personal en cuestión...ja,ja) ... Hai fotos, sí pero está resultando máis difícil do que podía parecer que as vexades; en canto as teñamos, terédelas en primicia.

!Ah! ... e por certo... que nos imos tomar a licenza de copiar unha interesante iniciativa do Blog oficial de Sobrado, o Blog de Victor Lato: A PREGUNTA DA SEMANA

E a nosa pregunta sobre o campionato é: ¿que persoaxe de Sobrado estivo coa sua cadela da que se dí que o entende todo e que tamén se deu un festín grazas a un almacén cercano?

1 comentario:

Unknown dijo...

Chapoleo? ja ja ja. Grazas polos comentarios, sodes uns cracks! ánimos que xa falta menos para encenderlle o lume a esas festazas!