viernes, 16 de octubre de 2009

... E CHEGAMOS Ó FINAL !!! ...

E por fin chegou o momento da despedida... a verdade é que este foi un ano compicado e con moito traballo no que os catro tivemos que sacar tempo das nosas vidas para adicalo a organizar unhas festas nas que, eso sí, puxemos tódalas nosas ilusións.

Nestas festas tentamos ademáis de reunir as mellores orquestras con matices moi distintos, dende a música máis rompedora ata os metais máis doces, coidar outros aspectos propiciando actividades variadas das que puidesen desfrutar maiores e nenos.

Sabemos que cada un tedes gustos e preferencias distintas pero esperamos haber elexido algo perfecto para cada un, algo co que vos sintades identificados ou que desfrutedes especialmente, porque ESTAS FESTAS FORON PARA VOS, PARA TODOS E CADANSEU.

E non queremos irnos sen facer o máis importante, agradecervos a todos a colaboración, a económica dende logo xa que sin ela estas festas non serían posibles… ó Concello, ás empresas colaboradoras, ós bares do pobo, a todos os veciños coas suas aportacións, ós que domingo tras domingo participástedes no noso sorteo, ós que colaborástedes nas actividades ó longo do ano e moi especialmente a todos os que nos axudastes a organizalas … sen todos vos, non seríamos quen de levalas a cabo, e moi especialmente o apoio, os consellos, a paciencia e o cariño co que todos e cada un de vos nos tratástedes.

Sen dúbida, todo isto fixo deste longo camiño inicial unha experiencia inolvidable.

MOITAS GRAZAS A TODOS
Sentimos non ter máis fotos ... ó final durante os días máis importantes, o "estrés" non nos deixou prestarlle moita atención á cámara... unha pena... deixámosvos solo unhas pequeniñas pinceladas.