miércoles, 29 de abril de 2009

... e finalmente conseguimos as fotos máis buscadas do campionato... gracias Yoli !

... este foi un momento que so puideron vivir os máis festeiros... os que marcharon para a casa as sete da mañanan... ainda que pensasen que eran as cinco, ja, ja... e gracias a que Yoli estaba por alí cerca co seu movil.
... e parece que a culpa foi das sillas... que seique son de mala calidade ... diso nada!! ... o que pasa é que hai que poñerse a dieta, ja, ja
Ahí os tedes, os mellores momentos de Lato e Calvete.





lunes, 13 de abril de 2009

CAMPIONATO DE FUTBOLÍN




Non sabemos o que pensarán os veciños de As Casiñas pero dende logo, baixo o noso punto de vista, o campionato estivo moi ben, agás por un pequeno detalle... os premios fóronse todos para fora de Sobrado, incluso a flamante cámara de fotos que sorteabamos, pero polo demáis, creo que non estuvo mal, polo menos a xulgar pola hora de retirada ... os últimos retirámonos case ás oito da mañán, ainda que algúns pensasen que se foron ás cinco!!!!!

Dende as dez da noite e entre movidas partidas de futbolín, o fume e a música do noso pincha oficial, Antón, houbo un pouco de todo... ata algunha que outra "caída de silla" (unhas pola inestabilidade da silla e outras polo peso do personal en cuestión...ja,ja) ... Hai fotos, sí pero está resultando máis difícil do que podía parecer que as vexades; en canto as teñamos, terédelas en primicia.

!Ah! ... e por certo... que nos imos tomar a licenza de copiar unha interesante iniciativa do Blog oficial de Sobrado, o Blog de Victor Lato: A PREGUNTA DA SEMANA

E a nosa pregunta sobre o campionato é: ¿que persoaxe de Sobrado estivo coa sua cadela da que se dí que o entende todo e que tamén se deu un festín grazas a un almacén cercano?

jueves, 2 de abril de 2009

PREPARANDO O LOCAL PARA O CAMPIONATO...


ESTA SEMANA É O CAMPIONATO DE FUTBOLÍN DA COMISIÓN DE FESTAS... QUE SEPADES QUE SE RUMOREA QUE IMOS TER UN XOGADOR DE EXCEPCIÓN, NADA MENOS QUE O CAMPIÓN GALEGO !!! ... ASÍ QUE HAI QUE AMOSARLLE QUE, OS DE SOBRADO, PORQUE NON NOS PRESENTAMOS QUE SENÓN... JA,JA,


O CAMPIONATO CELEBRASE Ó FINAL NO LOCAL DA ANTIGA FERRETERÍA NAS CASIÑAS E NON NO POLIDEPORTIVO COMO POÑEN OS CARTEIS... E CLARO, TIVEMOS QUE PREPARAR UN POUCO O LOCAL...

ESTAS SON ALGUNHAS FOTOS DOS PREPARATIVOS... SEI QUE A QUEN MÁIS LLES VAN IMPACTAR É A GELINES E A CHELO, CLARO, ELAS NON ESTÁN ACOSTUMADAS A VER ÓS SEUS FILLOS FACENDO ESTES MENESTERES...JA,JA... PERO SE Ó REMATE, CANDO ACABE O ANO NA COMISIÓN DE FESTAS NON OS IDES COÑECER !!!



QUÉ XEITO LLE DAN, EH?

GELITO INTENTANDO DISIMULAR... ¿FREGONA? ... ¿QUÉ É UNHA FREGONA?