martes, 19 de mayo de 2009

A COMISIÓN DE FESTAS DE SOBRADO SUBASTA CUÑADO…

Ainda que un pouco refunfuñón, é todo corazón, tal e como amosan os seus doces carrillos encarnados e os seus grandes ollos castaños… ainda que tamén debemos destacar a sua abundante mata de pelo medio canoso que lle proporciona o aire interesante que o fixo merecedor do sobrenome de “George Clooney” de Sobrado.

Este superoperador de planta e principal accionista da multinacional do calzado “Pazitos” é un partido interesante para calqueira … tanto che fai unha sabedora pizza (ou iso dín por ahí porque nos ainda non cuidemos comprobar as súas dotes culinarias) como che … “plancha” unhas sabas durante horas ou che gaña un campionato de tute con trofeo e todo…

Afeccionado ás noites melidenses, ó superdepor, ó paddel, á peituga de polo e ás “copas rápidas” é capaz de estar matando marcianitos ata altas horas de noite… salvo, por suposto, que teña que erguerse cedo para acudir a unha das suas sonadas xornadas de pesca (din que este ano será él o único proveedor deste sabedor peixe para a Festa da Troita que organiza o Concello no mes de Agosto).

Entre as suas cualidades está a puntualidade e a facilidade para convencer ó seu interlocutor de que ten a razón… nadie se atreve a levarlle a contra se se esforza en ser persuasivo.

Celoso da sua vida privada e como cabaleiro que se precie mantén en segredo as suas numerosas conquistas ainda que si se publicaron algunhas fotos suas nas revistas do corazón máis prestixiosas a nivel nacional e internacional... creo lembrar que unha tal "Sonia" tiña algo que ver no asunto...

... o cuñado favorito … ¿QUÉN DA MÁIS?

3 comentarios:

Unknown dijo...

Eh, tamén acabo de poñer esta nova no meu blog con porra incluida para ver que prezo de saida se lle pode dar ó George Clooney de Sobrado. Agardo que sirva de estimación.

Parabéns pola excelente iniciativa, a ver se o vemos collida da man con alguén de unha vez!

nishita dijo...

ESQUENCEUCHE FALAR DA SUA "CAIDITA DE OJOS" .....
vou ir mirar canto teño aforrado na cartilla....a ver se podo puxar eu tamen.....jiji

Anónimo dijo...

eu ofrezo 30 euros ou cambio por cafetera italiana
alberto de minas